Friday 22 de November de 2024

Un total de 25 persoas e 10 entidades aspiran aos 15 galardóns que se entregarán na Décima Gala do Deporte de Riveira


Juan Antonio Gude, “Carlitos” Pardavila, Abraham Benítez e José Miguel Pérez serán distinguidos cunhas mencións especiais

Mañá venres 20 de febreiro ás 20 horas terá lugar no Auditorio MunicipaI a X Gala do Deporte de Riveira, na que unha vez máis se pretende premiar e distinguir aos deportistas e entidades locais que máis destacaron no ano 2014.

Nesta edición, un total de 25 persoas e 10 entidades (algunhas destas últimas, optando en diversas categorías) están nominados nos 15 premios existentes. Haberá ademais catro mencións especiais a deportistas que brillaron pola súa traxectoria deportiva.

Nesta ocasión, as devanditas mencións especiais recaerán en Juan Antonio Gude (corredor popular), Carlos Pardavila, “Carlitos” (corredor popular), Abraham Benítez (organizador da carreira da Guía) e José Miguel Pérez (do Club Kempo Barbanza).

Esta é a relación de nominados:
Mellor Deportista Masculino: Javier Regueiro (Atletismo Sta Uxía), Manuel Davila (Club Natación Riveira), Manuel A. Parada (Ciclismo).

Mellor Deportista Feminina: María Vilas (Club Natación Riveira), Ana Peleteiro (Atletismo), Lara Ouviña (Club Natural Sport Videlgi).

Mellor deportista masculino de deportes de equipo: Pablo Lijó (Padel, Adrián Armental (fútbol, CD Boiro), Joselu (fútbol, Racing de Ferrol).

Mellor deportista masculino de disciplinas non olímpicas: Iván Parada (Kempo Barbanza), Abel Rey (Kenpo Riveira).

Mellor deportista feminino de disciplinas non olímpicas: Miriam Santiago (kempo Barbanza), Elisabeth Gudiño (kenpo Riveira).

Mellor Deportista Masculino Discapacitado: Álex Vidal (Club Natural Sport Videlgi).

Mellor Deportista Feminina Discapacitada: Patricia Melón (Amicos).

Mellor Deportista Masculino sub–18: (nados no ano 1996 e posteriores): Manuel Parada (Club Natural Sport Videlgi), Manuel Tomé l (Club Natación Riveira), Adrián Jimenez (Club Natural Sport Videlgi).

Mellor Deportista Feminina sub–18: (nados no ano 1996 e posteriores): Laura Dosil (Club Natural Sport Videlgi), Clara Otero (Club Natación Riveira).

O labor técnico: Álvaro Reiriz (Adestrador CAR), conxunto adestradores do Club Salvora, José Manuel Pose (SD Negreira).

O labor arbitral: Vicente Sánchez (Atletismo), José Francisco Agrelo (Taekowondo), Manuel Blanco (Fútbol).

Mellor Evento Deportivo: II Torneo fútbol base SD Xuventú Aguiño, III Triatlón Concello de Riveira, Velada de Boxeo Cidade de Riveira.

Promoción do Deporte Escolar,Base e Deporte para todos: Sálvora CF, Club Atletismo Riveira, Club Natural Sport.

Mellor Club: Sálvora CF, Club Natural Sport, Xuventú Aguiño, Club Kempo Barbanza

Patrocinio Deportivo: Limpezas Germania, Revolutrion, Grupo Ferrín.