— Identificáronse 53 persoas nas labores de vixilancia que se realizaron en 22 concellos galegos no marco do plan de actuacións específicas destinadas a evitar a propagación da covid-19
Axentes da Policía Autonómica levaron a cabo esta fin de semana un total de 52 dispositivos en 22 concellos galegos. Os controis realizáronse no marco do plan de actuacións específicas destinadas á prevención, inspección e control do cumprimento das medidas adoptadas polas autoridades competentes pola covid-19, e saldáronse con 53 persoas identificadas e 2 denuncias, ambas por non facer uso da máscara.
Os axentes realizaron na provincia da Coruña 4 dispositivos nos concellos de Santiago de Compostela e Vedra, mentres que na provincia de Lugo leváronse a cabo 22 dispositivos nos municipios de Burela, Foz, Lugo, Monforte, A Pastoriza e Viveiro.
Na provincia de Ourense, realizáronse 10 dispositivos nos concellos de Allariz, Ourense e San Cibrao das Viñas. E na provincia de Pontevedra leváronse a cabo 16 operativos nos concellos de Barro, Caldas de Reis, Marín, Meis, Poio, Ponteareas, Pontevedra, Redondela, Sanxenxo, Vigo e Vilaboa.
Estes dispositivos encádranse no marco da colaboración entre as forzas e corpos de seguridade, cada unha no marco das súas competencias.