― No órgano consultivo deuse conta da memoria do 2020 en materia de coordinación policial e dos procesos selectivos para a incorporación dos axentes aos corpos policiais
― Santiago Villanueva presentou unha nova aplicación do rexistro que recolle todos os datos das policías locais de Galicia
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, acompañado da directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, presidiu hoxe a Comisión de Coordinación de Policías Locais, un órgano consultivo formado por representantes da Xunta, dos concellos e das asociacións e sindicatos dos corpos das policías locais.
No encontro presentouse a memoria do 2020 en materia de coordinación policial, e deuse conta dos procesos selectivos para a incorporación dos axentes aos corpos policiais, non só dos que se aplicaron no ano 2020 senón tamén das propostas para o 2021 e principios do 2022.
Ademais de propoñer os distintivos para os axentes que levan máis de 25 ano nos corpos policiais dos concellos, tamén se comunicou a posta en funcionamento da nova aplicación do Rexistro de Policías Locais de Galicia, máis áxil e eficaz e que recolle os datos actualizados de todos os corpos policiais que operan nos concellos galegos.
Na Comisión de Coordinación tamén se informou do proceso para a actualización do decreto que desenvolve a Lei de Coordinación de Policías Locais de Galicia, coa modificación de catro artigos.