O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, visitou hoxe as actividades dos nenos e nenas levadas a cabo na cidade herculina
O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, visitou hoxe as actividades de verán levadas a cabo pola Fundación Juan Soñador, onde se ofrece aos nenos e as súas familias unha variedade de proxectos de lecer, de tempo libre, de atención integral á infancia á adolescencia e ás familias, esta iniciativa estase a levar a cabo mas catro grandes cidades galegas e conta coa participación de máis de 200 nenos e nenas.
Na cidade da Coruña, a onde se achegou Jacobo Rey, se están a realizar actividades acuáticas, gymkanas, multideporte, e como actividade novidosa realizarán un curtametraxe que trata o tema da igualdade de xénero. Ademais, na programación das actividades da temporada estival tamén teñen programados tempos para aqueles que teñen algunha materia pendente para o mes de setembro, onde se lles axudará e se lles proporcionará apoio para sacalas adiante.
O director xeral de Familia Infancia e Dinamización Demográfica, puxo en valor a realización destas actividades no verán, que axudan aos nenos a aprender a utilizar o seu tempo libre para aprender e para coñecer a xente nova. Tamén mencionou a necesidade de combinar o apoio lectivo co ocio saudable para non perder as ganas e os ánimos nestes meses estivais.