O Concello de Touro, nos traballos para manter ao día o seu patrimonio público, está arranxando durante os meses de verán os seus lavadoiros públicos ubicados nas diferentes parroquias. O equipo de traballadores do Concello de Touro xa arranxou o lavadoiro da Muíña, no Concello de Quión. As obras consistiron en sustituir o azulexo do interior do lavadoiro e cambiar as columnas que soportan o tellado. Estos lavadoiros, sobre todo no verán, aínda son utilizados por algúns veciños e veciñas para lavar a roupa. Pero cada vez son menos frecuentados. Outro dos lavadoiros arranxados é o de Laña, tamén na parroquia de Quión, no que foi restaurado un muro lateral. Entre os traballos que restan por facer está outro lavadoiro na parroquia de Loxo. O seu arranxo faráse nas próximas semanas. Os traballadores municipais seguirán desenvolvendo o arranxo destes e outros espacios durante os próximos meses. O Concello de Touro pretende así manter ao día as instalacións que son utilizadas pola veciñanza.
Articulos relacionados
Alternativa solicita información sobre o novo contrato de xestión de lixo
abril 13, 2026 Comments are off 0 visitas
Alternativa quere coñecer como afectará esta nova licitación do Consorcio de As Mariñas ao servizo ...
Os cidadáns poderán obter información sobrelas obras que se executan en espazos e equipamentos públicos a través da web deCoruña Smart City
abril 10, 2015 Comments are off 1211 visitas
O Concello da Coruña informa de que nos próximos días os cidadáns terán á súa ...
O Colón galego será obxeto dunha conferencia e unha exposición no Centro Cultural Lustres Rivas de Riveira
febrero 5, 2016 Comments are off 756 visitas
O Centro Cultural Lustres Rivas vai dar cabida o vindeiro 12 de febreiro a unha ...
