Friday 22 de November de 2024

A Prestixiosa pianista chinesa Wenjiao Wang e o saxo galo Emmanuel Fisbach impartirán masterclasses á aula galega de saxofón


Os vindeiros venres 20 e sábado 21 terá lugar no salón de actos do Conservatorio Profesional de Música de Riveira un novo encontro da Aula Galega de Saxofón, integrado por estudantes e profesionais de saxofón procedentes de localidades como Rianxo, Valga, Vila de Cruces, Pontevedra, Santiago, Vigo e por suposto Riveira.

Nesta ocasión este seminario permanente contará coa presenza especial de dous músicos recoñecidos internacionalmente, integrantes do Dúo Azar: o saxofonista francés Carl Emmanuel Fisbach e a pianista chinesa Wenjiao Wang, os cales impartirán unhas masterclasses aos 16 alumos da Aula.

Ademais, de forma complementaria a este encontro haberá dous concertos a cargo dos alumnos da Aula, co acompañamento da pianista Wenjiao Wang e, como broche de ouro a ambos eventos, a actuación final do Dúo Azar.

A primeira das actuacións terá lugar o venres 20 ás 20 horas e a segunda, o sábado 21 ás 18.30 horas. Ambas, no salón de actos do Conservatorio.