O Concello de Riveira vai conmemorar este sábado 21 o Día da Lingua Materna a través dunha acción moi especial: un concerto dirixido aos máis pequenos da casa.
O artista Pablo Díaz será o encargado de ofrecer este bonito espectáculo, cunha actuación titulada “Cantacontos para bebés” que está dirixida especialmente a nenos de entre 0 a 3 anos coas súas familias, aínda que por suposto os seus irmáns un pouco máis maiores tamén poderán acudir.
A actividade terá lugar no salón de actos do Centro Cultural Lustres Rivas a partir das 12 do mediodía (a recepción terá lugar unha hora antes).
Inscricións
Para poder asistir, cómpre inscribirse no Servizo Municipal de Normalización Lingüística, ben no número de teléfono 981835650 ou ben enviando un correo electrónico a normalizacion@riveira.com.
Para darlle luz a esta celebración está prevista a presenza do secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García.
Currículo de Pablo Díaz:
http://gl.wikipedia.org/wiki/Pablo_D%C3%ADaz