· As persoas participantes teñen idades comprendidas entre os 12 e os 58 anos.
O Concello está celebrando a 1ª fase do seu Torneo de Pádel por Parellas, no que participan un total de 21 parellas. En total, nesta primeira fase de liguilla -que se disputará ata o 21 de agosto- están tomando parte 42 persoas con idades comprendidas entre os 12 e os 58 anos.
A competición divídese nunha primeira fase na que as persoas participantes están divididas en cuatro grupos. Ao rematar a fase de liguilla, as mellores parellas clasificaranse para oitavos de final. É dicir, disputaranse 8 enfrontamentos entre 16 parellas.
O certame está suxeito a un estrito protocolo de seguridade para previr contaxios pola covid-19.
Cursos de pádel
O Concello rematará, esta semana, os seus cursos de pádel, que contaron coa participación de 16 alumnos. Ao longo das sesións, as persoas inscritas iniciáronse nesta modalidade deportiva, traballando técnica de xogo e coñecemento o regulamento básico.