Friday 22 de November de 2024

Máis de sesenta nenos/as e persoas adultas bailan en Boqueixón ao ritmo de “Radio Bulebule”, de Paco Nogueiras


Máis de sesenta persoas, entre nenos e nenas e persoas adultas, asistiron esta fin de semana ao espectáculo musical “Radio Bulebule”, posto en escena por Paco Nogueiras e organizado polo Concello de Boqueixón en colaboración co programa Ler conta moito. Aínda que o concerto estaba previsto nas instalacións da piscina municipal, dentro da programación da Bibliopiscina, as malas condicións meteorolóxicas obrigaron a trasladalo ao salón de actos do CPI Antonio Orza Couto.

Esas sesenta persoas puideron desfrutar da música e das imaxes de Paco Nogueiras, e mesmo bailar mantendo en todo momento o distanciamento e as normas anti-covid. Para este venres 30 de xullo, a Bibliopiscina ten programado o contacontos “Voy a comedte!”, acompañado dun obradoiro de pintura. Terá lugar de 19:00 a 20:00 horas nas instalacións da piscina municipal de Boqueixón. Para participar é preciso anotarse previamente no Departamento de Cultura ou na Biblioteca: 981 51 31 15 ou 981 07 11 23.