A vindeira semana comezarán as obras, que responden a unha petición da asociación veciñal de Visma
Nos vindeiros días o Concello comezará as obras de mellora na accesibilidade e visibilidade na rúa San Pedro de Visma. A actuación, que responde a unha petición da asociación veciñal de Visma, tamén completará as beirarrúas entre o cruzamento coa rúa Aguillón e o centro cívico e renovará a rede
de pluviais.
Hai un ano o Goberno local aprobou a expropiación forzosa de tres parcelas na devandita rúa, como antesala a estas intervencións municipais que mellorarán notablemente a accesibilidade na zona.
Ademais, hai dous anos, o Executivo que dirixe Inés Rey adecuou parte da rúa San Pedro de Visma á altura do número 51 con beirarrúas. Grazas a estas novas actuacións que se iniciarán nos próximos días, permitirase o tránsito peonil por todo o trazado.