Friday 22 de November de 2024

A Tarde de Entroidada inunda de cor e diversión a Alameda de Ordes


A Alameda de Ordes acolleu ao longo desta tarde a primeira das citas do Concello de Ordes coa festividade do Entroido. Unha xornada na que os auténticos protagonistas foron os nenos e nenas, que desfrutaron de obradoiros de maquillaxe, chapas, pintura, caretas e máscaras, animacións, bailes, xogos e moito máis. Unha Tarde de entroidada que ademais estivo repleta de agasallos e lambetadas para todos e todas, e na que non faltaron os flocos e o algodón e zucre.