― O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, presidiu a reunión da Sala de Control de Operativos (Sacop) na que participaron representantes das forzas de seguridade
As forzas de seguridade extremarán os controis esta fin de semana en Galicia para para vixiar que se cumpran as medidas adoptadas na loita contra a covid.
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, presidiu esta mañá a reunión da Sala de Control de Operativos (Sacop) na que participaron representantes das policías locais das principais cidades e vilas de Galicia, así como membros dos outros corpos de seguridade que actúan na comunidade, coa fin de coordinar os dispositivos que se van poñer en marcha esta fin de semana.
Santiago Villanueva agradeceu ás forzas de seguridade o reforzo da vixilancia e apelou á responsabilidade da poboación para evitar que os contaxios pola covid sigan en aumento.