· Está organizado pola área de Igualdade e o prazo para inscribirse remata o venres, 30 de xullo.
O Concello de Camariñas abriu hoxe o prazo de inscrición para un curso de iniciación á informática e ao correo electrónico organizado pola área de Igualdade e que terá lugar do 2 ao 6 de agosto de 10:30 a 12:30 horas na aula CeMIT de informática.
Esta acción formativa é gratuíta pero as prazas son limitadas. A data límite para anotarse será o venres, 30 de xullo, ata as 12 horas na Casa de Pedra.