![](https://acoruñanarede.gal/wp-content/uploads/2021/07/20210722_130206.jpg)
Trátase dunha zona deportiva renovada de 480 metros cadrados que foi cofinanciada polo Concello e a Secretaría Xeral para o Deporte e contou cun orzamento total de case 50.000 euros
O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor,acompañado polo alcalde de Porto do Son Luis Oujo, visitou o novo parque de skatepark emplazado no paseo de Brañón, a nova instalación ocupa unha superficie de 480 metros cadrados, en dos plataformas e empregando formigón como material de construción.
Esta nova instalación para a práctica de deportes urbanos foi cofinanciada polo Concello con 20.900 euros e pola Secretaria Xeral para o Deporte que aportou 25.000 euros.
Trenor destacou a importancia crecente que están a ter os novos deportes urbanos, neste senso destacou a tradición de Porto do Son que conta cunha escola de skate e cada ano celebra o Rompetiño que este ano se celebrá no mes de setembro.
O novo parque permitirá conta con diferentes elementos que permiten relizar tanto skate como parkour. A intención, engadoiu Trenor, é que esta nova instalación siga crecendo polo que todo o proxecto enfocouse para plantexar futuras ampliacións no futuro.