Thursday 21 de November de 2024

Rueda visita en Ortigueira as actuacións levadas a cabo ao abeiro de varias axudas da Xunta


Ortigueira é un dos concellos da provincia que recibe un maior montante do Fondo de Compensación Ambiental, máis de 1 millón de euros dende que se puxo en marcha

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda visitou hoxe varias actuacións levadas a cabo ao abeiro de subvencións da Xunta, como do Fondo de compensación Ambiental ou do Plan Marco de Camiños.

Alfonso Rueda, que estivo acompañado na súa visita pola delegada territorial da Xunta, Belén do Campo e polo alcalde do concello, Rafael Girón, destacou que Ortigueira é un dos concellos da provincia que recibe un maior montante do Fondo de Compensación Ambiental, máis de 1 millón de euros dende que se puxo en marcha.

O Fondo, beneficia aos concellos galegos e en xeral para todos os cidadáns, porque se subvencionan investimentos relacionados coa mellora do entorno e a conservación do noso medio ambiente. Estas actuacións redundan nas arcas municipais, pero sobre todo nos veciños e no medio ambiente, porque son actuacións vinculadas á conservación e o desenvolvemento do medio, beneficiando sobre todo a municipios pequenos e do interior de Galicia.

Por sexto ano consecutivo, grazas a este Fondo son numerosos os concellos galegos que se ven beneficiados directamente da explotación de enerxía eólica en Galicia; posto que se financia a través do canon eólico, que permite aos concellos sufragar actuacións que revistan natureza produtiva e xeradora de emprego.

Así, no caso de Ortigueira, teñen permitir poñer en marcha un centro de interpretación, mellorar a instalación térmica dos edificios municipais, a rexeneración ambiental de distintos espazos ambientais e nos últimos anos na habilitación dun área recreativa e didáctica no Porto de Ortigueira, que consiste na habilitación de zona de descanso con mobiliario urbano: papeleras, bancos, mesas e paneis informativos; paseos peonís de formigón e zonas verdes; e praza con pavimento.

O Fondo de Compensación Ambiental 2014 destinou 8,7 millóns de euros a través das liñas de concorrencia competitiva e non competitiva. Na liña de concorrencia competitiva foron 1,7 millóns de euros para un total de 53 proxectos que benefician a 88 concellos.