• A praza da Igrexa, onde se instalará unha carpa acollerán as proxeccións de ‘A galiña turuleca’, ‘Dios mío, ¿pero qué te hemos hecho…ahora? e ‘Padre no hay más que uno’, además do espectáculo de maxia do Mago Teto ‘O camiño do afiador’.
• A área recreativa O Carballo será escenario do Mega Aniversario ‘¡Unha celebración colectiva!”, con actividades para as crianzas.
O Concello das Somozas prepara un compendio de actividades para pequenos e maiores que comezarán a celebrarase o vindeiro 22 de xullo na praza da Igrexa.
Instalarase unha carpa para evitar a chuvia e acoller así, con todas as comodidades, as proxeccións de ‘A galiña turuleca’ o xoves 22 de xullo ás 22:15 horas; o espectáculo de maxia do Mago Teto ‘O camiño do afiador’ ás 21:00 horas do venres 23 de xullo; o filme ‘Dios mío: ¿pero qué te hemos hecho…ahora?’ ás 22:15 horas do 24 de xullo e o broche de ouro, que o porá a película ‘Padre no hay más que uno’ o luns 26 de xullo ás 22:15 horas.
O Mega Aniversario ‘¡Unha celebración colectiva!’ o domingo 25 de xullo, nunha festa con música, baile, xogos, diplomas e un montón de sorpresas máis, a partir das 17:00 horas da tarde, será na área recreativa O Carballo.
As actividades contarán con aforo limitado por orde de chegada e estrito protocolo COVID. Será obrigatorio o emprego de máscara sanitaria e haberá xel hidroalcólico ao dispor das e dos espectadores. O compendio de actividades está integrado na programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña.