O Concello de Frades vén de rematar a primeira fase dos traballos de roza dos máis de 600 quilómetros de pistas e estradas que compoñen a súa rede viaria municipal. Os traballos, que se acometeron cos dous tractores, permitiron rozar as máis de 300 quilómetros de estradas asfaltadas do municipio.
“Levamos rozado máis de trescentos quilómetros de pistas, todas as asfaltadas e de todas as parroquias”, explica Manuel Ferreiro Marzoa, concelleiro de Medio Rural e Limpeza Viaria, “a partir de agora un dos tractores comezará a dar unha segunda pasada polas parroquias mentres o outro se encarga das pistas de monte, para así cumprir co convenio contra o lume”.
Uns traballos de roza que se estenderán durante todo o verán, ata limpar os case seiscentos quilómetros de rede viaria municipal do concello de Frades. A maiores, e grazas a un convenio de colaboración coa Consellería do Medio Rural, o Concello de Frades vén de incorporar este mes de xullo unha brigada de cinco persoas para a loita contra o lume, que ten previsto rozar dez hectáreas de masas comúns como medida preventiva.