― O obxectivo da iniciativa é proporcionar aos beneficiarios a experiencia e práctica profesional necesarias para facilitar a súa inserción laboral a través dun contrato de 9 meses de duración
― Os apoios da Consellería de Emprego e Igualdade contan cun orzamento de 2,3 millóns de euros para impulsar o emprego local en 37 concellos da provincia da Coruña
― Cos programas xa resoltos de Socorristas, Aprol rural e Risga os concellos da comarca de Bergantiños-Costa da Morte recibirán 603.000 euros para a contratación de 68 desempregados
A Xunta vén de resolver a convocatoria de axudas deste ano do programa de contratación de persoas perceptoras de Risga para apoiar aos concellos galegos.
Na comarca de Bergantiños-Costa da Morte beneficiaranse 6 concellos que coas axudas da Xunta por valor de 274.000 euros poderán contratar a 22 persoas. Na provincia da Coruña, en global, apoiarase a contratación de 191 persoas perceptoras de Risga en 37 concellos a través dun investimento de 2,3 millóns de euros.
O obxectivo da iniciativa é proporcionar aos beneficiarios a experiencia e práctica profesional necesarias para facilitar a súa inserción laboral a través dun contrato de 9 meses de duración
A actuación busca impulsar o emprego local e mellorar a empregabilidade das persoas participantes, así como a integración laboral de persoas vulnerables co obxectivo de dinamizar o mercado labora galego.
Estas contratacións únense aos apoios xa aprobados pola Xunta destinados aos concellos de Bergantiños-Costa da Morte para impulsar a contratación cos programas xa resoltos de Socorristas e de Aprol rural. Con esta nova resolución e grazas a estes tres programas de emprego os concellos da área de Bergantiños-Costa da Morte recibirán 603.000 euros para a contratación de 68 desempregados.
Programas creación de emprego
Enmárcanse, ademais, na prioridade da Xunta de crear máis e mellor emprego de calidade na Comunidade e completan outras iniciativas que xa se activaron e que favorecen a contratación nos concellos galegos. É o caso dos obradoiros de emprego, no que se invisten en toda Galicia 30,2M€ para permitir a formación e o acceso ao emprego de 1.500 persoas; as axudas para a contratación de orientadores laborais, ás que se destinan 6,8M€ para a contratación de 280 persoas ou os Programas Integrados de Emprego, cun orzamento de 8,4M€ para apoiar a contratación de 3.300 persoas en concellos e entidades sen ánimo de lucro.
CONCELLO | TRABALLADORES CONCEDIDOS | IMPORTE CONCEDIDO |
CAMARIÑAS | 2 | 28.339,74 € |
CARBALLO | 10 | 140.103,90 € |
FISTERRA | 2 | 20.618,28 € |
LAXE | 2 | 20.154,42 € |
PONTECESO | 1 | 10.309,14 € |
VIMIANZO | 5 | 55.112,85 € |
TOTAL | 22 | 274.638,33 € |