Sunday 24 de November de 2024

A Xunta apoia con 224.000 euros a contratación de 19 desempregados perceptores de Risga en 7 concellos de comarca do Barbanza


― O obxectivo da iniciativa é proporcionar aos beneficiarios a experiencia e práctica profesional necesarias para facilitar a súa inserción laboral a través dun contrato de 9 meses de duración

― Os apois da Consellería de Emprego e Igualdade contan cun orzamento de 2,3 millóns de euros para impulsar o emprego local en 37 concellos da provincia da Coruña

― Cos programas xa resoltos de Socorristas, Aprol rural e Risga os concellos da comarca do Barbanza recibirán 622.000 euros para a contratación de 90 desempregados

A Xunta vén de resolver a convocatoria de axudas deste ano do programa de contratación de persoas perceptoras de Risga para apoiar aos concellos galegos.

Na comarca do Barbanza beneficiaranse 7 concellos que coas axudas da Xunta por valor de 224.000 euros poderán contratar a 19 persoas. Na provincia da Coruña, en global, apoiarase a contratación de 191 persoas perceptoras de Risga en 37 concellos a través dun investimento de 2,3 millóns de euros.

O obxectivo da iniciativa é proporcionar aos beneficiarios a experiencia e práctica profesional necesarias para facilitar a súa inserción laboral a través dun contrato de 9 meses de duración
A actuación busca impulsar o emprego local e mellorar a empregabilidade das persoas participantes, así como a integración laboral de persoas vulnerables co obxectivo de dinamizar o mercado labora galego.

Estas contratacións únense aos apoios xa aprobados pola Xunta destinados aos concellos do Barbanza para impulsar a contratación cos programas xa resoltos de Socorristas e de Aprol rural. Con esta nova resolución e grazas a estes tres programas de emprego os concellos da área do Barbanza recibirán 622.000 euros para a contratación de 90 desempregados.

Programas creación de emprego
Enmárcanse, ademais, na prioridade da Xunta de crear máis e mellor emprego de calidade na Comunidade e completan outras iniciativas que xa se activaron e que favorecen a contratación nos concellos galegos. É o caso dos obradoiros de emprego, no que se invisten en toda Galicia 30,2M€ para permitir a formación e o acceso ao emprego de 1.500 persoas; as axudas para a contratación de orientadores laborais, ás que se destinan 6,8M€ para a contratación de 280 persoas ou os Programas Integrados de Emprego, cun orzamento de 8,4M€ para apoiar a contratación de 3.300 persoas en concellos e entidades sen ánimo de lucro.

 

CONCELLO TRABALLADORES CONCEDIDOS IMPORTE CONCEDIDO
LOUSAME 2 20.618,28 €
NOIA 5 62.628,75 €
OUTES 2 24.373,62 €
POBRA DO CARAMIÑAL (A) 2 22.156,56 €
PORTO DO SON 1 15.341,94 €
RIANXO 2 23.429,88 €
RIBEIRA 5 56.383,20 €
TOTAL 19 224.932,23 €