O director xeral de Atención Integral Sociosanitaria, Antón Acevedo, visitou o Centro Pai Menni das Hermanas Hospitalarias, dedicado a ofrecer unha atención integral ás persoas con discapacidade intelectual. Alí puxo en valor o labor destes centros que traballan na mellora da calidade de vida e na saúde das persoas que máis o precisan adaptándose as súas necesidades.
Durante a visita, Antón Acevedo, puido visitar as instalacións do centro e coñecer aos usuarios do mesmo. Ademais, fixo un percorrido polos obradoiros que nese momento se estaban a desenvolver e que buscan mellorar as habilidades dos participantes. Tamén puido visitar a unidade que atende a persoas con grandes necesidades de apoio, onde se estaban realizando diferentes prácticas de estimulación.