Friday 22 de November de 2024

O Concello destina 38.000 euros para pavimentar o camiño desde Lago a Fondal, en Perbes


• Esta actuación está cofinanciada a través da subvención de Agader para a mellora de vías que dan acceso a parcelas agrícolas.

O Concello de Miño aprobou en Xunta de Goberno Local un proxecto valorado en 38.793,81 euros para a pavimentación do camiño que vai desde Lago a Fondal, na parroquia de Perbes.

Esta actuación cofinanciarase a través da subvención que outorga a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) para a mellora de vías que dan acceso a parcelas agrícolas.

As obras para levar a cabo divídense en dous tramos e inclúen a limpeza de cunetas, o varrido do firme existente e a aplicación dunha nova capa con aglomerado en quente. Finalmente, instalaranse os distintos elementos para a recollida de pluviais e pintaranse as marcas viarias.