Saturday 16 de November de 2024

O Concello de Lousame vén de investir máis de 32.000 euros na mellora dos accesos ao Club de Xubilados de Aldeagrande


O Concello de Lousame vén de investir máis de 32.000 euros na mellora dos accesos ao Club de Xubilados de Aldeagrande, unha actuación incluída no do proxecto “Pavimentación de viarios en Béxeres e outros” e financiado ao abeiro do POS+2019. Unha actuación sobre 865 metros do camiño, onde se mellorou a capa de rodaxe con cinco centímetros de aglomerado en quente a toda a plataforma.

Así mesmo, ancheouse parte do camiño, pois se executaron 225 m2 de sobreanchos, e se adaptaron os pozos e arquetas de recollida de pluviais á nova rasante da estrada. Unicamente falta por repoñer a sinalización horizontal, con pintado de liñas en bordes.

A alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, explica que “é unha actuación moi importante en aglomerado para mellorar os accesos ao Club de Xubilados, agora que comezan a recuperar a actividade despois dun último ano moi complicado”. De feito, o local abre todos os domingos pola tarde para que calquera persoa poida desfrutar da II Exposición Etnográfica de Fotografía, que recolle 99 imaxes antigas (de entre os anos 30 e 60 do ano pasado) achegadas por unha vintena de maiores do municipio.