Friday 22 de November de 2024

O 34 Festival Noroeste Estrella Galicia mantén a súa esencia e calidade con 25 concertos do 6 ao 8 de agosto repartidos en catro escenarios


A alcaldesa, Inés Rey, destacou que o cartel terá representación feminina nun 40% e que case a metade das agrupacións son galegas, nove son nacionais e catro internacionais (Cimafunk, Javiera Mera, Morgane Ji e Raül Refree)

A alcaldesa, Inés Rey, presentou este mediodía xunto a Antonio Viejo, director corporativo da Corporación Hijos de Rivera, a 34 edición do Festival Noroeste Estrella Galicia, que terá lugar do 6 ao 8 de agosto e conservará toda a súa esencia e calidade nunha versión similar á do ano pasado que finalmente non se puido realizar. Precisamente, a rexedora explicou que nesta entrega terán cabida artistas que en agosto de 2020 non se puideron subir ao escenario e indicou que o cartel terá representación feminina nun 40%.

Rey destacou que haberá catro escenarios co fin de manter a expansión do festival polos barrios: praza de María Pita, parque Santa Margarida, Parque Europa e Campo da Leña, onde actuarán 25 formacións, das que catro son internacionais (Cimafunk, Javiera Mena, Morgane Ji e Lina & Raül Refree), 9 nacionais e 12 galegas. “Será un festival para todos e todas, que abarca unha amplitude de estilos nunca antes vista e que marca o punto de inicio a un gran proxecto que queremos que sexa un dos elementos clave da unión de cultura, comercio, cidadanía e turismo na nosa cidade”.

“Trátase dun cartel de calidade e equilibrado que procura chegar a públicos con gustos musicais moi dispares”. A alcaldesa afirmou que o conxunto de artistas pertencen a distintas xeracións e son de procedencias distintas co obxecto de conformar unha multiculturalidade que é, á súa vez, “a esencia da nosa cidade”. Por outra parte, nesta edición renderáselles unha homenaxe a Nonito Pereira e Jaime Manso, que lles porán nome aos escenarios de María Pita e Santa Margarida por todo o que contribuíron á cultura musical da Coruña. Estes dous escenarios e o do Parque Europa contarán con sesións os tres días ás 20.00 e 22.30 horas.

Ademais haberá sesións vermú no Campo da Leña durante as tres xornadas e en María Pita o sábado e o domingo co fin de lle axudar á hostalaría animando os ditos días ambas as zonas.

Por outra parte, Rey destacou que a metade das e dos artistas veñen ao festival con novas cancións, novo disco ou LP ou incluso estreando material que está a punto de saír.

Canto ás capacidades e dada a evolución actual da pandemia, seguirase rigorosamente a normativa e o acceso será logo da retirada previa de código QR para todas as sesións do día. Establecerase tamén un rexistro de datos persoais.

Cos ditos códigos QR poderase acceder ao recinto até 15 minutos antes do inicio do primeiro espectáculo. Despois, o acceso será por rexistro físico na porta até completar a capacidade.

Todos os concertos serán sentados debido á evolución da pandemia e as localidades poderanse comezar a reservar desde tres días antes do inicio do festival en https://festivalnoroesteestrellagalicia.com/. Nesta páxina tamén se poderá ver toda a programación cos horarios de cada un dos concertos. Nota de Prensa

Pola súa parte, Antonio Viejo remarcou “a ambición internacional” desta cita musical: “É un gran proyecto de cidade en que se aposta pola cultura. Esa cultura que nos alimenta o espírito e nos fai felices”.
PROGRAMACIÓN:
Viernes 6 de agosto:
Escenario Campo da Leña
13.00 horas – Mad Martin Trio
19.00 horas – Sound Sisters
Escenario Nonito Pereira, Praza de María Pita.
20.00 horas – Los Zigarros
22.30 horas – Triángulo de Amor Bizarro
Escenario Jaime Manso, Parque de Santa Margarida
20.00 horas – Combo Paradiso
22.30 horas – Rulo y la Contrabanda
Escenario Parque Europa
20.00 horas – Bastards
22.30 horas – Bala
Sábado 7 de agosto:
Escenario Campo da Leña
13.00 horas – Ataque Escampe
19.00 horas – Chasis
Escenario Nonito Pereira, Praza de María Pita.
13:00 horas – Alice Wonder
20.00 horas – Javiera Mena
22.30 horas – Cimafunk
Escenario Jaime Manso, Parque de Santa Margarida
20.00 horas – Zahara
22.30 horas – Lina & Raül Refree Nota de Prensa
Escenario Parque Europa
20.00 horas – Víctor Coyote
22.30 horas – Tito Ramírez
Domingo 8 de agosto:
Escenario Campo da Leña
13.00 horas – Bush Doctors
Escenario Nonito Pereira, Praza de María Pita.
13:00 horas – The Soul Jacket
20.00 horas – Mujeres
22.30 horas – Marlango
Escenario Jaime Manso, Parque de Santa Margarida
20.00 horas – Baiuca
22.30 horas – Morgane JI
Escenario Parque Europa
20.00 horas – DL Blando
22.30 horas – Ptazeta