Saturday 16 de November de 2024

Comezan as viaxes en veleiro a bordo do Mascato


Na xornada do 17 de xullo inícianse as viaxes en veleiro pola ría da Arousa a bordo do Mascato, impulsadas pola Concellaría do Turismo da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Charo Varela (Nós Pobra). Preséntase así unha maneira alternativa de coñece-lo patrimonio medioambiental, marítimo e paisaxístico costeiro.

As excursións terán lugar nos sábados e domingos dos meses de xullo e agosto. A duración do traxecto é de hora e media e as saídas establécense en quendas de mañá e de tarde. O prezo estipúlase en 15 euros para as persoas adultas e 10 euros para nenos e nenas menores de 12 anos, ofrecendo un desconto para as familias. Cómpre indicar que as travesías transcorrerán seguindo as medidas implantadas por mor da COVID-19.

A cabida máxima do veleiro é de 10 persoas, razón pola cal é preciso formaliza-la reserva e compra previa do tícket no punto de información turística -situado na Casa Mariñeira-, no enderezo electrónico turismo@apobra.gal ou nos teléfonos de contacto 671090262 e 687482835. Tamén hai a disposición a páxina web www.apobra.gal/turismo para máis información.