O Concello de Touro celebrará o próximo domingo, 18 de xullo, o seu XVIII Festival de Bandas, organizado pola Banda de Música Isabel II de Touro e polo propio Concello. O certamen musical cumple a súa maioría de idade. O pasado ano do 2020, a causa da pandemia, non pudo celebrarse a xa tradicional cita coa bandas de música. O XVIII Festival de Bandas Concello de Touro comenzará ás 19.00 horas no Campo da Festa de Fonte Díaz, capital do Concello de Touro. No programa participarán a Banda Escola de Música de Visantoña, que abrirá o concerto. Logo seguirá a Banda de Música Isabel II de Touro, que exercerá de anfitriona, e será a encargada de pechar o festival. Cada formación musical ofrecerá un repertorio elexido para esta cita. O Concello convida aos veciños e forasteiros a disfrutar dunha xornada de música na que tamén colaboran a Deputación da Coruña e a Federación Galega de Bandas de Música. A entrada é libre, ata completar o aforo. Cumplirase o protocolo sanitario contra a Covid19.
Articulos relacionados
Paderne anuncia a súa programación de Nadal con música, teatro e o desfile de Reis anticipado
diciembre 1, 2025 Comments are off 0 visitas
As súas maxestades de Oriente, Melchor, Gaspar e Baltasar, chegarán a tarde do 4 ...
Inés Rey amosa o seu apoio á cultura e a arte nunha nova edición de Estudios Abertos
noviembre 13, 2021 Comments are off 0 visitas
A alcaldesa participou nun percorrido por varios locais participantes nesta iniciativa cuxo obxectivo é amosar ...
Cursos de manexo de móbiles para persoas maiores de 65 anos en Perillo, Iñás, Dorneda, Mera e Montrove
enero 2, 2025 Comments are off 0 visitas
O martes abre o prazo de inscrición para diversos cursos de manexo de móbiles de ...
