Debido a traballos de mellora na rede de abastecemento municipal
O Concello de Padrón informa de que, debido aos traballos de mellora na rede municipal de abastecemento de auga potable que Espina y Delfín vai acometer na rúa de Santiago, procederase ao corte temporal do subministro de auga o próximo martes 20 de xullo, entre as 9:30 e as 13:30 horas. Este corte afectará aos veciños e veciñas das rúas Santiago, Peregrinos e Edificio nº 16 de Pedreira.
O Concello de Padrón lamenta as molestias que estes traballos poidan ocasión y confirma que se manterá a presión da rede, de forma que se poida restablecer o subministro de inmediato se os traballos rematan antes da hora prevista. En caso de producirse algunha emerxencia, a empresa concesionaria facilita o teléfono: 669 779 235.