Friday 22 de November de 2024

Camariñas finaliza a campaña de trampeo con 11.596 raíñas de velutina atrapadas


· Agora é o momento de retirar os niños que se formen, para o que se se debe chamar ao 112 en canto se detecten.

· O trampeo segue a ser esencial para evitar a formación de futuros niños.

O Concello de Camariñas dá por finalizada a campaña de trampeo para loitar contra a vespa velutina. Os datos obtidos dan unha cifra que supera á acadada o ano pasado, con 11.596 raíñas capturadas polas 9.813 do anterior exercicio.

Agora é o momento de eliminar os niños que se formen, para o que se debe chamar ao 112 en canto se detecten e a Xunta encargarase de retiralos a través do convenio para loitar contra a velutina ao que se adheriu o Concello.

Desde o Concello de Camariñas lembran que “o trampeo segue a ser esencial xa que elimina a raíña e reduce a formación de futuros niños”.