Friday 22 de November de 2024

Cambio nas actuacións da Xove Banda de Narón de hoxe e do domingo


Hoxe, día do “Carmio”, temos música no adro da igrexa de Lamas. Estaba prevista a actuación da Xove Banda de Narón, que acaba de suspender as súas citas máis inmediatas por mor da detección de positivos entre algúns dos seus compoñentes. Así, hoxe en San Sadurniño será substituída pola Banda de Ortigueira nun concerto ao aire libre que comezará ás 13.30h.

Pola mesma razón tamén cambia a actuación organizada para este domingo 18 en Santa Mariña do Monte. Nesa ocasión tocará a Banda do Garaxe, formación integrada, igual que a Xove Banda, na Asociación Cultural Sementeira. O repaso ao repertorio comezará sobre as 13.30h ao pé da igrexa parroquial.