Os traballos para o cambio de sentido no tráfico comezan este xoves ás 9.00 h
Mañá procederase ao cambio de sentido na circulación da rúa Costa da Unión, rúa Nicaragua e o tramo que cruza coa rúa Pla y Cancela co fin de mellorar a seguridade na zona, facilitar o paso dos buses urbanos.
Este cambio evitará que os automóbiles, en especial os buses, teñan que facer complexas manobras e “serpear” para pasar da Costa da Unión a Marcial de Adalid.
Deste xeito, a rúa Costa da Unión pasa a ser de subida e a rúa Nicaragua de baixada, de xeito que os vehículos poderán enlazar directamente con Marcial del Adalid e Linares Rivas. Os traballos de sinalización destas vías, a reprogramación semafórica e todo o relativo ao cambio de sentido da circulación comezarán este xoves a partir das 9.00 h e estenderanse até o mediodía