Friday 22 de November de 2024

Este venres abre o prazo de reserva de entradas para os concertos que ofrecerán Sés e a Garufa Blue Devils Big Band con Sito Sedes


O martes 20 de xullo poderán reservarse en Ataquilla as entradas para o concerto do 30º aniversario de Amadeus

A pista municipal de Fonte do Campo, a carón da Casa da Cultura de Fene, acollera o mércores 21 de xullo, ás 21.00 horas, o concerto da “Garufa Blue Devils Big Band con Sito Sedes”. Ao día seguinte, o xoves 22 a protagonista será Sés nun concerto aprazado pola pandemia que, finalmente, terá lugar na Praza do alcalde Ramón José Souto González (Praza do Concello) a partir das 21.00 horas. Námbolos
dous casos, as entradas para asistir aos concertos poranse a disposición do público este venres 16 de
xullo, ás 9.00 horas, na páxina de Ataquilla.com (https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/es/).
Serán de balde ate completar aforo (200 localidades) pero cada persoa só poderá reservar un máximo
de dous pases, rexistrando os datos das 2 persoas que acudirán ao mesmo.

Dende Concellería de Cultura de Fene infórmase de que o día do concerto os/as espectadores poderán
acceder ao recinto a partir das oito do serán. Recoméndase así mesmo presentarse no punto de control
de acceso con tempo suficiente de antelación xa que a reserva de entradas perderá vixencia se non se
está na fila de entrada 15 minutos antes do comezo do espectáculo. A partir dese momento admitirase
a entrada sen reserva, por orde de chegada e sempre que haxa aforo dispoñible. Por outro lado,
infórmase de que, aos efectos da dar cumprimento aos protocolos de seguridade, os datos das persoas
asistentes poderán ser verificados pola organización para o acceso aos recintos.

En canto ás medidas hixiénico-sanitarias implantadas, lémbrase que haberá un punto de desinfección
de mans no acceso ao recinto. Ademais, o uso da máscara será obrigatorio durante todo o espectáculo
e non se permitirá o acceso con comida, bebida ou obxectos que poidan ser considerados perigosos
pola organización. Por último, o público permanecerá sentado en cadeiras durante todo o espectáculo
no lugar que lle asigne a organización e realizará a entrada e saída de xeito ordenado seguindo as
instrucións da organización.

Espectáculos organizados pola Concellería de Cultura de Fene coa colaboración de Turismo de Galicia,
no caso do concerto da Garufa Blue Devils e Sito Sedes, e da Rede Cultural da Deputación da Coruña,
no caso do concerto de Sés, no marco do ciclo “Xullo, mes da Patria”.

AMADEUS
Dende a Concellería de Cultura infórmase tamén que o vindeiro martes, 20 de xullo, habilitarase tamén
en Ataquilla a reserva de entradas para o concerto que ofrecerá o grupo fenés Amadeus (con motivo do
seu 30º Aniversario) o sábado 24 de xullo na Praza do alcalde Ramón José Souto González (Praza do
Concello).