— Do total de colexios que xa formaban parte do Edulingüe, dous deles amplían o modelo á etapa de Secundaria (plurilingüismo clásico) e 14 esténdeno á etapa de Infantil (Plurinfantil)
O curso 2021/22 comezará cun total de 163 centros con modelo plurilingüe na provincia da Coruña, dos cales 11 se incorporan por primeira vez ao proxecto plurilingüe da Xunta de Galicia, mentres que outros 16 centros que amplían esta ensinanza a outras etapas educativas.
No conxunto de Galicia serán 465 centros (42 máis) os que terán implantado este modelo plurilingüe, que implica a impartición de ata un terzo do horario lectivo en lingua estranxeira.
Así pois, na provincia da Coruña, por etapas hai 11 centros que incorporan por primeira vez a ensinanza plurilingüe ás etapas obrigatorias (Primaria e ESO), dous amplían o modelo á Secundaria e outros 14 amplíano á etapa de infantil (Plurinfantil).
Esta acción está enmarcada na Estratexia galega de linguas estranxeiras 2020, EDUlingüe, cuxo obxectivo fundamental é estender o plurilingüismo a todas as etapas educativas e facilitar que os alumnos e alumnas poidan acreditar o seu nivel de lingua estranxeira ao final de etapa.
Este modelo, impulsado pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade, comezouse a aplicar no curso 2010/11 para as etapas de educación obrigatoria, isto é, de Primaria e ESO (o denominado Plurilingüismo clásico). Xa a partir do curso 17/18, a Consellería de Educación ampliouno ás etapas de Infantil (Plurinfantil), Bacharelato (Pluribach) e Formación Profesional (PluriFP).
Listado de centros na provincia da Coruña (pode consultarse no Portal Educativo):
A CORUÑA | ETAPA | |
Culleredo | CPR A Ponte Pasaxe | Educación primaria |
Ferrol | CEIP Recimil | Educación primaria |
A Pobra do Caramiñal | CEP Salustiano Rey Eiras | Educación primaria |
Porto do Son | CEIP de Campanario | Educación primaria |
Santiago de Compostela | CEIP Mestre Rodríguez Xixirei | Educación primaria |
Teo | CEIP da Ramallosa | Educación primaria |
A Coruña | CEIP Alborada | Educación primaria |
Carballo | CEIP de Gándara-Sofán | Educación primaria |
A Coruña | CEIP José Cornide Saavedra | Educación primaria |
Ferrol | CEIP de Ponzos | Educación primaria |
Boiro | CEIP de Cespón | Educación primaria |
Centros que amplían etapa de cara ao próximo curso:
A CORUÑA | ETAPA | |
A Coruña | CPR Plurilingüe Sagrado Corazón | ESO |
Culleredo | CPR Plurilingüe Andaina | ESO |
Camariñas | CEIP Plurilingüe de Ponte do Porto | Educación infantil |
A Coruña | CPR Plurilingüe Padres Franciscanos | Educación infantil |
A Coruña | CPR Plurilingüe Santo Domingo | Educación infantil |
Ferrol | CEIP Recimil | Educación infantil |
Mazaricos | CPI Plurilingüe da Picota | Educación infantil |
Noia | CPR Plurilingüe Maria Assumpta | Educación infantil |
As Pontes | CEIP Plurilingüe Santa María | Educación infantil |
Porto do Son | CEIP de Campanario | Educación infantil |
A Coruña | CEIP Alborada | Educación infantil |
A Capela | CEIP Plurilingüe Mosteiro de Caaveiro | Educación infantil |
Oza-Cesuras | CEIP Plurilingüe Bragade | Educación infantil |
Carballo | CEIP de Gándara-Sofán | Educación infantil |
Santa Comba | CEIP Plurilingüe Pepe de Xan Baña | Educación infantil |
Boiro | CEIP de Cespón | Educación infantil |