Thursday 21 de November de 2024

O Concello permitirá o acceso á praia Grande para as persoas con mobilidade reducida grazas á instalación dunha pasarela


• A infraestrutura contará no seu remate cunha zona de sombra para a transferencia de cadeira de rodas á anfibia e poder gozar do baño.

O Concello de Miño permitirá o acceso á praia Grande para as persoas con mobilidade reducida grazas á instalación dunha pasarela de madeira que conectará o paseo directamente coa auga.

A infraestrutura contará no seu remate cunha zona de sombra para a transferencia de cadeira de rodas á anfibia, e poder gozar así do baño. Trátase doutro proxecto inclusivo levado a cabo polo goberno local miñense, quen asegura que “continuaremos traballando nesta liña para que todas e todos os usuarios, sexa cal for a súa condición, poidan usar as nosas praias e servizos sen que esta sexa relevante”, apuntan.

Esta pasarela estará ao dispor de todas as persoas usuarias de cadeira de rodas e con mobilidade reducida durante todo o verán, coa atención de persoal de socorrismo cualificado.