Saturday 16 de November de 2024

O Concello abre a convocatoria para solicitar o uso das instalacións deportivas municipais


As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude de xeito telemático até o vindeiro 22 de xullo

O Concello acaba de abrir o prazo para presentar as solicitudes da convocatoria do uso das instalacións deportivas municipais para a tempada 2021/2022. As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude de xeito telemático até o videiro 22 de xullo.

Como novidade, nesta tempada Deportes incorpora o pavillón do IES Rafael Puga Ramón aos recintos municipais dispoñibles, tras a firma do convenio coa Deputación da Coruña para a cesión da devandita instalación.

A concelleira de Deportes, Mónica Martínez, sinalou que “o deporte coruñés creceu moito nos últimos anos” e explicou que “coordinar os usos das instalación deportivas é unha tarea ardua” aínda que este ano, será unha vantaxe a incorporación do pavillón do IES Rafael Puga Ramón.

Como norma xeral distribuiranse horas de luns a venres entre as horas que non estean reservadas pola Concellaría de Deportes para o desenvolvemento das súas Escolas Deportivas Municipais e actividades. En determinadas instalacións poderanse ofertar ademais horas en sábados e domingos.