Un total de 25 veciños participaron a pasada semana no obradoiro de cociña e repostería de Entroido, desenvolvido no noso municipio no marco do programa de actos conmemorativos desta destacada celebración.
Celebrada do 10 ao 13 de febreiro nas aulas formativas que o Concello ten na rúa Cristóbal Colón, esta iniciativa serviu para explicar numerosas receitas propias desta época da man da profesional María Chaves Pérez.
O curso concluíu coa entrega de diplomas, a cargo da concelleira de Cultura Elvira Pisos.