O Concello da Pobra do Caramiñal decretará tres días de loito oficial polo falecemento de Álvaro Viéitez, quen foi alcalde do municipio no período comprendido entre 1989 e 1991 e que continuou como concelleiro na corporación municipal ata 1999, ademais de destacar a súa faceta como empresario.
A corporación municipal lamenta profundamente o seu pasamento e trasládalle o seu pésame e apoio á familia nestes momentos de dor.
A bandeira da Pobra ondea a medio mastro.