Friday 22 de November de 2024

O Concello de Touro coloca marquesiñas nas paradas do bus que carecían desta protección


O Concello de Touro colocou recentemente marquesiñas nas paradas que ainda non tiñan esta protección para os veciños e veciñas no traxecto que fai o bus escolar que circula polo municipio, no percorrido que fai bus da Feira do día 5 e do transporte público a Santiago. O equipo de traballadores municipais instalou catro marquesinas en esas paradas que ainda non a tiñan, situadas en diferentes vías. Os traballos consistiron na cimentación da base e na súa adaptación para colocar a marquesiña de protección. Concretamente, nas últimas semanas, colocáronse catro novas marquesiñas. O Concello de Touro seguirá arranxando e renovando esta infraestructura, tal e como fixo non últimos anos, para que a veciñanza poda aproveitar os servizos que están ao seu dispor. Estes traballos fánse no tempo de verán para estar a punto para o inicio do curso escolar e do próximo outono.