― Ademais dos recursos dixitais que axudarán a narrar as experiencias dos camiñantes, os peregrinos poderán botar man de Cunchiña, a mascota do Xacobeo nas redes sociais
― O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, animou a camiñar a Galicia, un destino seguro, e a contalo facendo uso destes soportes dixitais
A Xunta presentou hoxe os seus recursos para as redes sociais, un cento de gifs e stickers cos que os peregrinos poderán compartir as súas experiencias cunha linguaxe desesfadada e divertida, e entre os que destaca Cunchiña, a mascota do Xacobeo nas redes sociais.
Trátase dunha serie de imaxes dixitais coas que os peregrinos poderán describir as súas experiencias no Camiño ou nos albergues, compartir as súas vivencias e narrar a súas aventuras botando man destes recursos que xa están subidos a WhatsApp, Facebook, Instagram ou Telegram. Hai, por exemplo, 32 cunchiñas para cada estado de ánimo que os peregrinos sintan ao longo do seu percorrido.
O vicepresidente primeiro da Xunta asegurou que, con estas ferramentas, énchese un oco necesario “porque queremos que a xente que veña a Galicia o conte, e queremos axudarlles a contalo”. Deste xeito “cubrimos un oco que criamos necesario encher”, subliñou Alfonso Rueda.
A experiencia virtual do Camiño será un complemento da experiencia auténtica, cada día máis numerosa. De feito, hoxe chegou o peregrino número 25.000 no que vai de ano.
Ademais de nos buscadores, os camiñantes poderán obter estes recursos na seguinte ligazón:
https://www.caminodesantiago.gal/gl/descubre/comparte-o-camino-de-santiago-dende-o-teu-mobil.