O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, participou, esta mañá, nun encontro institucional cosa alcaldesa de Santa Comba, María José Pose, para abordar temas de interese común e para recoller as propostas da rexedora.
Neste senso, a alcaldesa lle deu traslado da necesidade de abordar actuacións de melloras no centro de saúde e o delegado comprometeuse a estudar a proposta para levar a cabo obras no edificio
O delegado autonómico tamén confirmou no encontro que o concello de Santa Comba contará cun investimento de 45.500 euros para a mellora do acceso ás instalacións de bombeo do depósito de Santa Comba e ao depósito de subministro de auga en Padreiro dentro do Programa de Infraestruturas Rurais (PIR). Trenor destacou que este tipo de actuacións permiten mellorar as condicións de vida dos residentes nas áreas rurais .
Trenor animou á nova alcaldesa a traballar duro polos seus veciños e trasladou o apoio do Goberno galego para sacar adiante os proxectos máis urxentes. Nesta liña, agradeceu o cambio de dinámica da nova alcaldesa plantexando temas de colaboración entre Concello e Xunta de forma seria e leal e valorou o importante esforzo que está facendo a rexedora desde o minuto un da súa chegada a a alcaldía solicitando actuacións para beneficiar ao seus veciños. Neste senso, trasladoulle o compromiso de colaboración da Xunta con este Concello.