Case un cento de veciños e veciñas disfrutaron da tradicional festa de entroido dos meniños da gardería municipal de Brión. A choiva obrigou a que todos os actos tiveran lugar a cuberto, polo que o desfile previsto polo exterior das instalacións tivo que realizarse no patio cuberto da gardería.
A temática deste ano foron a sinalización viaria (para os máis pequenos) e o mundo dos contos (para os máis maiores, que foron caracterizado de ratos no “Frautista de Hamelin” ou de pitos para “Mamá Galiña e os seus poliños”). Uns disfraces de entroido feitos con materiais reciclables e que foron elaborados durante a pasada semana polos propios cativos, coa axuda dos seus mestres e dos seus familiares.
Para o próximo domingo 22 de febreiro queda o gran Concurso de Disfraces de Entroido do Concello de Brión que, un ano máis, será o encargado de pechar as celebracións na contorna. As inscricións estarán abertas ata o próximo 20 de febreiro na Casa da Cultura de Brión ou no teléfono 981 509 908. Non se aceptarán anotacións o mesmo día do concurso.