Alcohólicos Anónimos, en colaboración coa Concellaría dos Servizos Sociais da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Amparo Cerecedo (BNG), organiza para o 10 de xullo unha xornada aberta de información pública para dar a coñece-lo labor da mencionada agrupación.
Todas aquelas persoas interesadas en asistir deben formaliza-la súa inscrición a través do teléfono de contacto 981832764.