Continúan na Pobra do Caramiñal as funcións ao abeiro do festival internacional de narración oral Atlántica.
Serán as dirixidas ao público adulto as que teñan lugar nesta semana. No 9 de xullo, José Luis Gutiérrez ‘Guti’ achegará Lobadías. A paraxe escolleita é A Portela, na serra do Barbanza, a partir das 21.30 horas. E no 10 de xullo será a quenda de Cándido Pazó con Como dicía o outro. Terá lugar a partir das 21.00 horas no castro da Croa de Posmarcos. Clausúranse así as propostas concibidas para o municipio.
As reservas son de balde e débense formalizar a través da páxina web www.festivalatlantica.gal. As mencionadas actuacións contan co patrocinio da Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE).