As familias poden consultar na web do Concello a relación de admitidos/as e daquelas persoas que deben completar a documentación presentada e que disporán até o día 16 de xullo para facelo
A Concellería de Benestar Social e Igualdade publica a listaxe provisional das bolsas comedor na páxina web de Servizos Sociais do Concello: https://www.coruna.gal/serviciossociales
A concellería recibiu un total de 3.384 solicitudes, un 6% más que na convocatoria anterior, un 61% más que hai 2 anos e un 130% más que hai 3. As familias cuxa solicitude non foi admitida terá de prazo até o 16 de xullo para presentar a documentación que se lle solicita nas oficinas dos rexistros municipais
de María Pita, Ágora, Fórum, Mesoiro e a Franxa con cita previa ou na sede electrónica municipal https://sede.coruna.gob.es/
As persoas responsables da concellería destacan que este porcentaxe de solicitudes incompletas é inferior o de outras convocatorias debido ás melloras introducidas este ano nos modelos de solicitude, así como a formación que recibiu o persoal traballador nos rexistros municipais que asesoraba as persoas solicitantes no momento de rexistrar as súas as solicitudes, o que permitiu revisar máis de 80
expedientes ao día e reducir o tempo de espera até a publicación da listaxe.
Unha vez que se finalice o prazo de corrección, valoraranse estas solicitudes e procederase á publicación da listaxe predefinitiva en que xa figurará unha proposta provisional de concesión ou denegación.