· O goberno local quere homenaxear deste xeito aos 7 tripulantes do pesqueiro camariñán afundido en Almería no ano 1991.
O Concello de Camariñas decidiu bautizar co nome de ‘Beti Donosti’ á sala de exposicións permanente coa que contará o futuro Museo dos Naufraxios que se construirá no actual edificio da Lonxa Vella.
O goberno local tomou a decisión esta semana co obxectivo de homenaxear deste xeito aos 7 tripulantes do pesqueiro camariñán ‘Beti Donosti’ afundido en Almería no ano 1991: Javier Campaña, os irmáns Juan José e Roberto Pensado, Manuel Carril, Baldomero Evangelista, Manuel Suárez e Domingo Tajes.
Continúa así a política deste equipo de goberno de darlle o nome de veciños e veciñas senlleiras a espazos característicos do municipio, como ocorreu anteriormente co nomeamento da aula Raquel Moreira do Museo do Encaixe ou o pavillón municipal Víctor Vigo.