Un grupo de 10 persoas formado por alumnas e pola mestra do curso de lingua de signos impartido pola academia Aprende. Centro de Estudios da Pobra do Caramiñal, en colaboración coa Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG), coñeceu a finais deste mes de xuño o patrimonio cultural que atesouran as salas do Museo Valle-Inclán a través dunha visita comentada da man do seu director, Antonio González Millán. Retómase así este servizo logo dunha interrupción das visitas de grupos concertados como consecuencia da situación derivada da COVID-19.
Os colectivos interesados neste alternativa para descubri-lo Museo e os seus fondos deben efectua-la súa reserva previa a través do teléfono de contacto 981831662 ou do enderezo electrónico museo.valleinclan@apobra.gal.