Friday 22 de November de 2024

Adíase o mercado de artesanía local xuvenil por mor do mal tempo


O mercado de artesanía local xuvenil que ía ter lugar no Cantón da Leña neste 3 de xullo adíase debido á previsión de mal tempo para esa xornada. A decisión tomouse conxuntamente dende a Concellaría da Mocidade da Pobra do Caramiñal e o grupo de mozas e mozos de quen xurdiu a proposta.

Unha vez concretada a nova data, procederase a comunicala.