O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica hoxe a apertura do proceso de contratación a tempo completo cunha duración de 3 meses dunha praza de técnica/o da Oficina de Turismo do Concello de Camariñas.
O prazo de presentación de solicitudes rematará o luns 12 de xullo e as persoas aspiriantes deberán posuír algunhas destas titulacións:
– Técnico Superior en Guía, Información e Asistencia Turística ou equivalente.
– Técnico en Empresas e Actividades Turísticas ou equivalente.
– Grao ou diplomatura en Turismo ou equivalente homologado.
– Dobre grao en Ciencias Empresariais e Turismo.
– Grao ou licenciatura en Historia do Arte.
– Grao ou licenciatura en Humanidades.
– Grao ou licenciatura en Xeografía e Ordenación do Territorio.
– Grao ou licenciatura en Historia.
– Certificado HOT336_3 Promoción turística local e información ao visitante.
Este certificado é unha titulación que non se requiría nas bases dos procesos anteriores e a formación para a obtención deste impartiuse en varios municipios da comarca.