As tertulias clandestinas en Herbón, organizadas pola concellaría de Turismo do Concello de Padrón, gozaron dun gran éxito entre a cidadanía. O sábado o grupo inscrito na actividade deuse cita na carballeira de Herbón para fondar na poesía e lenda Franciscana da man de Emilia Pardo Bazán. En primeiro lugar presentouse a vivencia na Igrexa, onde F.Francisco Castro M. lles deu a benvida. O xornalista José Manuel García guiou a tertulia clandestina cunha actriz caracterizada como Emilia Pardo Bazán. Finalmente, os asistentes recibiron a bendición franciscana de F. Francisco Honrubia.
“A acollida de todas as actividades que organizamos dende os departamentos de Turismo e de Cultura gozan de gran éxito na nosa localidade, o que nos anima a seguir desenvolvendo propostas do máis variadas”, indicou Lorena Couso, concelleira de Turismo e Cultura.