― A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe neste desfile de moda no que se presentaron coleccións de deseñadores de renome nacional e internacional.
Galicia estivo hoxe presente no espectáculo de moda Pasarela Campoamor que celebrou no Teatro ovetense a súa cuarta edición, promovida pola España Verde, a marca turística que reúne a Galicia, País Vasco, Asturias e Cantabria para a promoción conxunta dos seus recursos e produtos turísticos.
Nesta ocasión o deseño de moda combinado coa música en directo serviron como ferramenta promocional do destino Galicia nun evento no que estivo presente a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro.
A Pasarela Campoamor inxírese no marco do produto cabeceira de marca da España Verde, Art, Fashion & Design, co que se impulsan eventos de calidade que teñen a cultura e o deseño como elementos tractores da promoción turística. Nesta ocasión, a pasarela contou coa participación dun deseñador de moda de cada un dos territorios da España Verde –no caso de Galicia foi o deseñador José Castro-, que puideron presentar as súas creacións xunto a primeiras firmas do panorama nacional como Custo Barcelona, Lola Casademunt ou ElVerso, entre outras.