Friday 22 de November de 2024

Convocadas as axudas para a escolarización para o curso 2021-2022


O Concello da Pobra do Caramiñal convoca as axudas para a escolarización destinadas a familias con problemática socioeconómica para o curso 2021-2022. A contía total destinada a estas achegas establécese nos 9000 euros.

A Administración local pretende así contribuír a sufraga-los gastos de adquisición de material escolar e os gastos de comedor escolar daquelas familias que se atopen en condicións económicas e sociais desfavorecidas.

O prazo para a presentación das solicitudes rematará no día 15 de xullo de 2021, inclusive, e a convocatoria xa se publicou no Boletín Oficial da Provincia, no 28 de xuño. As solicitudes das subvencións subscribiranse polo pai, a nai ou a/o representante legal do/da menor e deberán ser entregadas con toda a documentación no rexistro do Concello.

Poderán ser beneficiarias tódalas persoas empadroadas no concello pobrense que durante o ano académico 2021-2022 cursen os estudos da educación infantil, da primaria e da secundaria obrigatoria, nos centros sostidos con fondos públicos do termo municipal, que formen parte de unidades familiares que se atopen incluídas en programas de intervención familiar dos Servizos Sociais municipais ou que presenten unha grave situación de desvantaxe ou risco social e cumpran os requisitos establecidos na convocatoria, a cal se atopa publicada na páxina web do Concello, ademais de se detallar toda a información e indica-la documentación que se debe presentar.