― Susana López Abella e Gonzalo Trenor informaron da resolución das axudas a concellos e outras entidades locais para potenciar a conciliación e a corresponsabilidade, a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero
― Destínanse máis de 236.000 euros a cinco Centros de Información á Muller da comarca
― Desde o ano 2015 a Xunta leva destinados a estes apoios máis de 36 millóns de euros
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, informaron do resultado da resolución das axudas a entidades locais que a Xunta de Galicia destinará este ano para fomentar e promocionar a igualdade. Na comarca de Bergantiños-Costa da Morte esta cifra ascende a a algo máis de 344.000 euros para atender as demandas de 12 concellos.
Como explicou Susana López Abella o Goberno galego financia actuacións de catro programas: (1) fomento da conciliación; (2) apoio aos Centros de Información á Muller (CIM); e (3) o programa de sensibilización, información e difusión sobre a igualdade e prevención da violencia contra as mulleres.
O primeiro dos programas conta con máis de 82.000 euros cos que se apoian iniciativas de seis entidades locais para o fomento das medidas de conciliación.
A segúnda liña ten como obxectivo apoiar a rede de centros de información ás mulleres (CIM), integrada actualmente por cinco centros que dan cobertura a 10 concellos. O Goberno galego apoia o financiamento dos postos de traballo dos CIM e dos axentes de igualdade ou de fomento do traballo en rede e de dinamización do territorio con enfoque de xénero, destinando a este programa máis de 236.000 euros na área de Bergantiños-Costa da Morte.
A terceira liña céntrase na posta en marcha de medidas de sensibilización, información e difusión sobre a igualdade e prevención da violencia contra as mulleres. Na convocatoria deste ano destinaranse máis de 25.000 euros euros para cinco entidades locais con cargo aos fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
A Xunta leva investidos nestes programas, en toda Galicia, desde o ano 2015 máis de 30 millóns de euros, o que permitiu axudar a máis de 50.000 mulleres e 17.500 familias.
SOLICITANTE | Concellos agrupados/mancomunados | CONCELLOS | CIM – TOTAL ((2021/2022) | CONCILIACIÓN | SENSIBILIZACIÓN | TOTAL CONCELLO |
A LARACHA | 1 | 41.704,84 € | 15.000,00 € | 56.704,84 € | ||
CABANA DE BERGANTIÑOS | 1 | 15.000,00 € | 2.772,00 € | 17.772,00 € | ||
CARBALLO | Coristanco, Malpica de Bergantiños, Ponteceso | 4 | 62.839,96 € | 62.839,96 € | ||
CEE | Corcubión, Fisterra | 3 | 41.983,53 € | 41.983,53 € | ||
CORCUBIÓN | CONTABILIZADO CON CEE | 0 | 13.292,20 € | 6.000,00 € | 19.292,20 € | |
FISTERRA | CONTABILIZADO CON CEE | 0 | 10.744,27 € | 4.917,00 € | 15.661,27 € | |
MUXÍA | 1 | 44.877,96 € | 6.000,00 € | 50.877,96 € | ||
PONTECESO | CONTABILIZADO CON CARBALLO | 0 | 14.846,83 € | 14.846,83 € | ||
VIMIANZO | 1 | 13.437,03 € | 13.437,03 € | |||
ZAS | 1 | 45.000,00 € | 5.989,50 € | 50.989,50 € | ||
TOTAL | 12 | 236.406 € | 82.320 € | 25.678 € | 344.405 € |